Cabichas, latas, toallas hixiénicas... Case 1.200 voluntarios recolleron 7 toneladas de lixo para loitar contra a 'basuraleza'

A oitava edición da actividade '1m2 contra a basuraleza', que organiza desde 2017 SEO/Birdlife en colaboración con Ecoembes e a Xunta, aumentou un 40 % o volume de residuos recolleitos nas catro provincias galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2024 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

Case 1.200 voluntarios recolleron o pasado sábado 7 toneladas de lixo nunha nova edición da actividade '1m2 contra a basuraleza', que organiza desde 2017 SEO/Birdlife en colaboración con Ecoembes e a Xunta. A oitava edición aumentou un 40 % o volume de residuos recolleitos nas catro provincias galegas, onde se recompilaron cabichas, latas de bebida, pezas de plástico pequenas, toallas hixiénicas ou anacos de vidro.

Segundo recolle un comunicado da Xunta, tamén se incrementaron os puntos de recollida, que pasaron de 61 aos 74 deste ano, así como o número de participantes, que pasou a barreira do milleiro. A Xunta celebra os datos da iniciativa porque considera que "confirman a concienciación sobre o impacto ambiental da basuraleza e demostran o compromiso da sociedade coa protección e a preservación do medio ambiente".

AFUNDACIÓN

Por outra banda, Afundación organizou este mércores, no que se celebra o Día Mundial do Medio, unha acción de retirada de plántulas de piñeiro en Corrubedo (Ribeira) e de especies invasoras en Coruxo (Vigo). Ambas as actividades formaron parte da programación deseñada pola obra social de Abanca con motivo do Día do Medio Ambiente, baixo a que tamén se desenvolveron outras accións na Coruña.

Lixo nunha cuneta
Lixo nunha cuneta | Fonte: Ecoloxistas en Acción - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta