Aparece aboiando nunha praia de Carnota o corpo dun home

Segundo fontes consultadas por GC puido ter sufrido un paro cardíaco.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 06/06/2024 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O corpo dun home foi recuperado na mañán deste xoves da praia de Insuela, en Carnota. Tratábase dun varón de 70 anos, de nacionalidade alemá que residía en Italia, cuxo corpo foi sacado da auga sobre as 14.20 horas cando se comezaron a recibir as primeiras alertas. Ata o lugar achegouse a Policía Local de Carnota, así como un helicóptero medicalizado. Os profesionais sanitarios practicaron manobras de reanimación sen poder facer nada para salvar a vida do home.

Praia da Insuela, en Carnota
Praia da Insuela, en Carnota | Fonte: inspain.com

Segundo a Policía Local, o corpo atopouse "aboiando" na praia, pero non se confirmou o falecemento desta persoa. Outras fontes apuntan que o home puido ter sufrido un paro cardíaco. 

Tamén fontes da Policía Local de Carnota apuntaron que o falecido se atoapa cun vehículo de aluguer desde hai días na zona, que adoita visitar nos últimos anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta