A MIT de Ribadavia celebra a súa edición máis plural e inclusiva no seu 40 aniversario

A Mostra será aberta por Nova Galega de Danza, co espectáculo 'Dique', que lembra ás 200 mulleres que escavaron o Dique da Campá, en Ferrol, un fito da enxeñaría española do século XIX

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2024 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia celebra este ano o seu 40 aniversario, coa súa edición máis plural e inclusiva, con presenza de fituras como Guillermo Calderón, Alice Ripoll, Marta Pazos, Alberto Conejero, Esther Carrodeguas, Gabriel Chamé ou Peta Lily.

O certame, presentado este xoves en Santiago, celebrarase do 19 ao 27 de xullo, e volve contar co apoio económico da Xunta da Galicia.

A Mostra será aberta por Nova Galega de Danza, co espectáculo 'Dique', que lembra ás 200 mulleres que escavaron o Dique da Campá, en Ferrol, un fito da enxeñaría española do século XIX.

Na MIT haberá espazo para a danza e a fusión con outras linguaxes artísticas, grazas á presenza de artistas como Nuria Sotelo e Clara Ferrao, Alberto Velasco ou a brasileira Alice Ripoll, que se fai eco na súa última peza das aspiracións da mocidade do seu país.

'Nada se Sabe', dirixida por Ignacio García, sacará ao escenario a dúas actrices e dous actores con diversidade funcional, que repasarán diversas versións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación dunha das traxedias de Sófocles, 'Filoctetes'.

No seu 40º aniversario, a Mostra tamén aposta pola dramaturxia actual do resto de España, con autores e espectáculos como 'En metade de tanto lume' de Alberto Conejero ou O Pont Flotant. Tamén poderá verse 'Vila' do chileno Guillermo Calderón.

Este reforzaranse os espectáculos de rúa e haberá dúas sesións 'golfas' con dúas propostas inspiradas no karaoke: 'Deadpan Karaoke' e 'Cancións amarelas, flores tristes'. A elas sumaranse os eventos destinados ao público familiar, como o espectáculo 'Paüra', a posta en escena de 'Peixe', ou 'Glubs' de Yllana e Nacho Vilar. Os 'clowns' Gabriel Chamé e Peta Lily tamén estarán nesta edición da MIT de Ribadavia, que se completará con coloquios, documentais e outras actividades.

Os bonos están á venda en ataquilla.com ata o 24 de xuño, e a partir de entón poderán adquirirse na web da MIT e na oficina da Mostra.

Presentación da 4º Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.. XUNTA DE GALICIA
Presentación da 4º Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta