Rueda chama a votar o domingo ao PP para garantir que os intereses de Galicia sexan escoitados en Europa

O candidato galego ás eleccións europeas do PP, Francisco Millán Mon, pediu unha alta participación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2024 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, pechou a campaña electoral ás europeas cunha chamada ao voto aos populares para garantir que os intereses de Galicia sexan escoitados en Europa.

"Temos que responder as urnas, con contundencia e con democracia", subliña o presidente dos populares galegos nun mitin na Coruña. Resalta a importancia dunhas eleccións europeas nas que os galegos se xogan a súa pesca, campo e infraestruturas.

Pola súa banda, o candidato galego ás eleccións europeas do PP, Francisco Millán Mon, pediu unha alta participación. Asegura que a cidade da Coruña e toda a provincia teñen moito que dicir en España e en Europa e que poderán seguir contando con el para defender os seus intereses.

"Esta fermosa cidade, na que ninguén é forasteiro, e toda a provincia poden estar tranquilas, xa que seguirei defendendo os seus intereses en Bruxelas o próximos cinco anos, como levo facendo todos estes anos", garantiu Millán Mon.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. DAVID CABEZON @ XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta