Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2024 | Actualizada ás 14:56
O eurodeputado do PSdeG e candidato ao Parlamento europeo, Nicolás González Casares, aproveitou a xornada electoral para pasar o día coa súa familia e amigos por Lalín.
En declaracións aos medios, o socialista destacou que este sábado aproveitou para "gozar da familia" e saír a tomar algo cos amigos pola capital do Deza e "facer o que non puido facer durante a campaña electoral".
Nicolás González Casares, que na mañá deste sábado asistiu á presentación do libro 'Mamá sorrí sempre' de Ana Cela Neira, aproveitará a tarde para saír a facer deporte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.