Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 12/06/2024 | Actualizada ás 16:28
Un home foi detido pola Policía Nacional despois de ser soprendido cando circulaba pola cidade de Pontevedra no seu coche cun quilo de haxix dividido en dez placas e 3.000 euros en metálico en moeda fraccionada. O arresto produciuse despois de que axentes da Udyco destinados a un operativo contra o menudeo de estupefacientes observasen unha interacción sospeitosa entre dous coches que se atopaban estacionados en paralelo ocupando un carril en pleno centro da Boa Vila, segundo comunicou este mércores a Comisaría de Pontevedra.
Os axentes viron ao copiloto dun dos vehículos entregar unha bolsa de plástico branco "dun tamaño considerable" ao condutor do outro turismo. Tras isto, o coche que fixo a entrega emprendeu a fuxida a gran velocidade. Este turismo foi interceptado, despois dunha persecución polas rúas de Pontevedra, nunha rúa do centro da cidade. Durante o rexistro, localizaron dez placas de ferro de haxix de 100 gramos cada unha, 3.000 euros en moeda fraccionada e billetes de moeda estranxeira de distintos países, así como básculas de precisión. Por todo iso, o condutor do coche foi detido por un delito de tráfico de drogas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.