Fillos de Rivera, MeixoEira, Queixería Barral, Dairy Pet, Ceamsa e Queizuar, Premios Galicia de Alimentación

Que concede o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2024 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

MeixoEira, Queixería Barral, Dairy Pet, Ceamsa, Queizuar e Fillos de Rivera recibiron os X Premios Galicia Alimentación que concede o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

No acto, celebrado en Santiago, participaron os conselleiros María José Gómez (Medio Rural). Así mesmo, a xunta directiva do Clúster decidiu entregar un premio honorífico a Joaquín González polos seus 25 anos como director de Vegalsa-Eroski e a súa traxectoria no sector.

O presidente de Clusaga, Andrés Rodríguez Gómez, felicitou aos galardoados, aos que cualificou como un motor "para que o sector da alimentación e as bebidas continúe sendo unha insignia dentro e fóra de Galicia". Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural subliñou que o sector agroalimentario é unha das potencias de Galicia, na que conflúen "moitos dos trazos" que identifican á comunidade "dentro e fóra" das fronteiras.

PREMIOS

En concreto, A Meixoeira recibiu o Premio Galicia Alimentación ao Produto Innovador por queixo fresco para untar de cabra. Queixería Barral leva o de produto excelente polo seu queixo de trufa e boletus.

Así mesmo, o de estratexia de mercadotecnia é para Dairy Pet pola súa internacionalización en 22 países. Mentres, Ceamsa leva o de innovación.

Pola súa banda, os premios á sustentabilidade son para Fillos de Rivera (por substituír o cartón dos seus packs por puntos de cola de unión) e para Queizuar pola súa traxectoria.

X Premios Galicia Alimentación. XUNTA
X Premios Galicia Alimentación. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta