O PSdeG pide á Xunta que tome medidas para reducir os tempos de espera na sanidade

A viceportavoz socialista e portavoz de Sanidade afirma que as listas de espera plasman "a ineficiencia do sistema e unha saturación crecente dos servizos"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/06/2024 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O Grupo Socialista no Parlamento galego pide á Xunta que poña en marcha mecanismos e instrumentos concretos para reducir os tempos de espera na sanidade. Tal e como trasladou o PSdeG nunha nota de prensa, a deputada Elena Espinosa defenderá na Cámara unha proposición non de lei na que se insta ao Executivo galego a rebaixar as esperas nas consultas e cirurxías "marcándose un obxectivo medible", que ofreza "total transparencia".

A viceportavoz socialista e portavoz de Sanidade afirma que as listas de espera non reflicten a realidade do que supón a situación para os pacientes, pero si plasman "a ineficiencia do sistema e unha saturación crecente dos servizos". "Isto tampouco nos pode estrañar, cando coñecemos que Galicia se sitúa á cola en gasto per capita en sanidade, xunto con educación e políticas sociais", apunta na iniciativa.

Así mesmo, Elena Espinosa critica que o conselleiro, Antonio Gómez Caamaño, atribuíse unha "importancia relativa" ás listas de espera, xa que, afirma, "os tempos en sanidade son importantes" e os afectados ven como as súas enfermidades "agrávanse mentres esperan para ser atendidos". "Nin existe planificación nin xestión", censura a deputada socialista, que sinala tamén a "incapacidade" da Xunta para "dar resposta á falta de persoal sanitario que se repite en practicamente toda Galicia".

"VAI A SER MOITO PEOR NO VERÁN"

Unha situación que, augurou, "vai ser moito peor no verán", porque o MIR "non completarán a súa formación ata setembro". "Sabíase desde fai catro anos. Non é unha novidade. A Xunta coñecía o que ía pasar", reprochou antes de acusar á Consellería de "falta de previsión, falta de programación e falta de responsabilidade". "A Xunta pensa que todo se pode arranxar culpando ao Goberno de España. É unha gran especialista en botar balóns fóra, pero ten as competencias en materia sanitaria. Cando imos a un hospital, nos carteis pon ?Xunta de Galicia?, non pon ?Goberno de España?", defende.

A deputada do PSdeG Elena Espinosa nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia.. PSDEG
A deputada do PSdeG Elena Espinosa nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta