Falece unha muller que viaxaba coa súa nai e o seu fillo, ao saírse da vía e chocar contra un muro

A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/06/2024 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

Unha muller, de 33 anos, perdeu a vida tras saírse da vía o coche no que viaxaba, coa súa nai e o seu fillo, pola PO-354, ao paso por Lourenza, Oia (Pontevedra) e chocar contra un muro. Segundo informou o 112, o suceso produciuse ás 13:00 horas deste venres e foron varios particulares os que deron a voz de alarma.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, os Bombeiros do Porriño, miembos do GES da Guarda e a Garda Civil. Os bombeiros procederon a excarcerar á muller, que viaxaba no lugar do copiloto. A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida. Con todo, a nai da vítima, de 64 anos, foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro e o bebé foi dado de alta no punto, segundo detallou o 061.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta