Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/06/2024 | Actualizada ás 17:54
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este sábado a importancia do diálogo cos colexios médicos, "imprescindible" para manter "unha magnífica sanidade pública".
Así o manifestou este sábado durante a súa participación no XVI encontro do Colexio oficial de Médicos da Coruña, onde, tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, o titular do Goberno galego defendeu o "compromiso" do Executivo autonómico coa sanidade pública e coa procura dos mellores equipos de profesionais para o sector.
Ademais, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, aproveitou para agradecer o traballo dos facultativos, aos que cualificou como "alicerce fundamental do sistema sanitario". Por último, o presidente da Xunta valorou ao persoal sanitario a súa implicación e apostou por seguir colaborando e dialogando cos colexios oficiais de médicos para afrontar xuntos os retos de futuro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.