Por Galicia Confidencial | Ourense | 21/06/2024 | Actualizada ás 08:15
Indignación. Ese é o sentimento de boa parte da familia socialista de Ourense tras a decisión da dirección do seu partido de abrir expediente aos concelleiros, incluído o rexedor do Carballiño, Francisco Fumega, por chegar a un acordo de goberno co PPdeG para o resto da lexislatura. Non e ntenden como non se permite este acordo e si se permite negociar outro na capital para botar a Jácome.
"Besteiro está a decir unha cousa cos boca pequena e outra coa boca grande, como fixo Valentín Formoso no seu día cando se puxo sobre a mesa a posibilidade de pactar con Cabezas na cidade", apunta un veterano dirixente consultado por GC. Neste sentido, critican a "mala situación" na que quedou a secretaria local do PSdeG, Natalia González. "Agora, a Natalia dille que si, e nos medios di -temos que dicir- que non", aclara.
Na sede socialista de Ourense non foron poucos os militantes que coinciden en suliñar a falta de coherencia e de estratexia do partido en Santiago. "Porque nuns casos poñemos liñas vermellas e noutros pintámolas de fosforito chillón e cantoso", denuncian. "Santiago, unha vez máis, está a xogar con nòs", critican.
Así, lembran que Rafa Villarino, secretario provincial, chegara a negociar con Manuel Cabezas para conformar unha alternativa a Gonzalo Pérez Jácome, "e daquela Valentin Formoso --líder entón do PSdeG-- decíalle que adiante pero en público dicía o contrário". "E o mesmo está a pasar agora na cidade, a Natalia estalle a decir que adiante pero en Carballiño e nos medios que non", apunta.
DIFERENCIAS ENTRE LÍDERES
Con todo, outras fontes do PSOE de Ourense puntualizan que non é así. Aseguran que os dous dirixentes, Natalia na cidade e Villarino, na provincia, teñen competencias propias para negociar. Destacan que non hai diverxencias nas estratexias. "O que fixo antes Paco nas negociacións con Cabezas foron cousas del e de Valentín. Agora Natalia conta co apoio do partido para negociar en Ourense", din.
Outras fontes vinculadas a Besesteiro, aseguran que a situación é ben diferente. "No Carballiño un alcalde noso regala a alcaldía ao PP e p acta unilateralmente co PP, tendo previamente a prohibición do partido (provincial, nacional, federal)", din. No caso de Ourense, "o partido ábrese a unha moción de censura con todos os grupos políticos, non unilateralmente co PP, e coa aprobación previa do partido. O novo alcalde que se valora sería socialista", din para amosar a diferencia entre os dous casos.
APERTURA DE EXPEDIENTES
De feito, O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que a súa formación non goberna co PP en Ourense e confirmou que a formación abrirá expedientes aos concelleiros socialistas do Carballiño, entre eles o alcalde Francisco Fumega, tras o acordo alcanzado co Partido Popular para repartirse a alcaldía.
"O PP é un partido absolutamente respectable pero nós non gobernamos co PP, somo a alternativa ao PP", sostivo Besteiro ao ser preguntado este mércores pola decisión do Grupo Municipal Socialista de chegar a un acordo co PP. Besteiro, que lembrou que a executiva do PSdeG xa deixou claro que este acordo non contaba coa autorización da dirección do partido, dixo que esta postura é compartida tamén pola dirección provincial da formación e a federal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.