Descobre praias descoñecidas de Galicia: Mañóns, un paraíso entre piñeiros con vistas a un illote singular

Aínda que no verán está bastante concurrida por ten un camping nas inmediacións, non tanto como outros areais do concello de Boiro, como poden ser Escarabote ou Carragueiros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 28/06/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A praia de Mañóns, no Concello de Boiro, é un deses espazos naturais galegos que está menos valorado do que debería. A súa maior virtude é a de estar rodeado de piñeiros, e non de eucaliptos, que a día de hoxe é o máis común en moitas praias. Podes desfrutar dunha boa merenda nos bancos de picnic que están listos para ser usados, habendo tamén asadores para facer unha boa churrascada entre unha natureza na que imperan as piñas. O illote dos Arredondos e a Punta do Piñeiro (mellor escollido imposible o nome) franquean e dan abrigo ao grande areal, duns 700 metros de lonxitude.

Praia de Mañóns
Praia de Mañóns | Fonte: Boiro Turismo

A marea baixa moito nesta zona, pero tamén sube moito, de tal xeito que nas horas da pleamar só quedan uns 20 metros de area dos máis de 50 que se poden desfrutar cando hai marea baixa. Debido a que hai varios cámpings nas inmediacións, durante o verán ten bastante ocupación, pero non tanta como outras praias do Barbanza ou do propio concello, como poden ser Escarabote ou Carragueiros. 

Tamén hai que destacar a súa area, fina e branca, sobre a que dá gusto camiñar porque non fire os pés. As súas augas son tranquilas, perfectas para ir con nenos. A vista dende o areal é cara as bateas da ría onde se cultivan os mexillóns. Ademais adoita haber moitos veleiros fondeando nas inmediacións, onde se resgardan en días de vento. A praia foi galardoada no ano 2014 coa 'Q' de Calidade Turística. 

 

 

Praia de Mañóns
Praia de Mañóns | Fonte: Boiro Turismo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta