Por Galicia Confidencial | Ortigueira | 25/06/2024 | Actualizada ás 21:00
O Festival na Rúa, emblemática sección organizada pola Escola de Gaitas de Ortigueira dentro da oferta musical do Festival, é unha oportunidade única para que os visitantes que se dan cita durante eses días en Ortigueira gocen da música celta e a música folk na súa forma máis pura mentres pasean polas rúas da vila Ortegana.
Este ano, contará coa participación das seguintes bandas e agrupacións:
A Requinta de Lampai (Galicia)
Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro (Barcelona)
Asociación Cultural Troula do Ortegal (Galicia)
Axeigo (Galicia)
Bagad Brieg (Bretaña)
Banda de Gaitas de Vega de Espinareda (El Bierzo)
Banda de Gaitas do Ortegal (Galicia)
Banda de Gaitas Ladrido (Galicia)
Banda de Gaites Candás (Asturias)
Banda Gaites Villaviciosa El Gaitero (Asturias)
Bandina de Cuaya (Asturias)
Escola de Gaitas de Ortigueira (Galicia)
Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band (Escocia)
Petricor (Galicia)
Como broche final, na mañá do domingo 14 de xullo terá lugar o Desfile das Nacións Celtas, onde as bandas e agrupacións participantes marcharán xuntas celebrando as súas raíces e tradicións. Esta celebración multicultural crea nas rúas unha máxica atmósfera, onde a mestura de sons, vestimentas, cores e tradicións reforza a irmandade das oito Nacións Celtas.
Nas próximas semanas daranse a coñecer os horarios e percorridos do Festival na Rúa, así como toda a información do resto das actividades que rodean ao Festival, exposicións, charlas, obradoiros de baile e concertos dentro do ciclo Festival no Teatro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.