Falece José María Caneda, o artífice do histórico SD Compostela

Levou a este clube de terceira a primeira división noa anos 90.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2024 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

José María Caneda, histórico presidente da Sociedade Deportiva Compostela, faleceu na madrugada deste luns en Santiago aos 77 anos de idade.

Caneda, orixinal do barrio de Amio, tomou as rendas do club en 1988 e nos seus primeiros anos como máximo responsable logrou sucesivos ascensos tras caer ata a Terceira División.

Así, baixo o seu mandato a SD Compostela e con Fernando Castro Santos como adestrador, o club subiu a Segunda División B na tempada 1989/90 e, na seguinte, chegou a Segunda.

Na tempada 1993/94, o club santiagués conseguiu ascender a Primeira División, na cal permaneceu ata a 1997/98.

Tras transcender o falecemento de Caneda, a SD Compostela publicou varias mensaxes en redes sociais lamentando a perda de quen fixo "realidade o soño" da capital galega de levar o seu equipo fútbol "todo o máis alto". "Sempre estarás nos nosos corazóns".

Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro
Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro | Fonte: SDC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta