(Vídeo) Uns mozos causan desfeitas en varios nichos do cemiterio de Pantín, en Valdoviño, na noite de San Xoán

Un deles gravou a secuencia e logo colgárono nas redes sociais.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 24/06/2024 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Un grupo de mozos, algún deles menores de idade, causaron diversas desfeitas en varios nichos do cemiterio da parroquia de Pantín, en Valdoviño, na noite deste domingo ao luns, cando se celebran as tradicionais luminarias de San Xoán. Ademais, un deles gravou a secuencia e logo colgárona nas redes sociais, unha actitude que motivou o enfado dos veciños desta tranquila parroquia costeira da comarca de Ferrolterra.

No vídeo, ao que tivo acceso Europa Press, pódese ver a un dos responsables desta situación blasfemar, e mesmo dirixirse a unha zona do cemiterio asegurando que van a "revenda as vips". Así, accederon a unha zona rompendo cristais e ornamentos de tipo relixioso, mentres que outros acirran mentres se realizan as desfeitas, ademais doutro animalo a "darlle cun pau". Outro asegura: "A miña avoa vén aquí case todos os días". Fontes consultadas por Europa Press aseguran que algúns dos participantes nestas desfeitas xa foron identificados, e que mesmo algún veciño xa reclamou xustiza.

Mozos destrozando o cemiterio de Pantín
Mozos destrozando o cemiterio de Pantín | Fonte: Redes sociais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta