Rueda sobre a moción contra Jácome: "Vexo moito postureo"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A proposta de moción de censura contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, segue dando moito que falar. Este luns, o presidente da Xunta, tamén volveu a cargar, a preguntas dos xornalistas, contra as "liñas vermellas" do BNG no marco da negociación para quitar ao líder de Democracia Ourensana da alcaldía.

Reunión de Alfonso Rueda con Gonzalo Pérez Jácome.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Reunión de Alfonso Rueda con Gonzalo Pérez Jácome.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Así, reafirmouse na súa impresión de que o que hai na capital das Burgas é máis "postureo" que unha intención real de cambiar ao alcalde. Neste punto, reiterou a súa convicción de que "alguén que quere negociar" en serio non arrincaría, sendo a cuarta forza en apoios nas últimas eleccións municipais do pasado ano, cun veto a que a Alcaldía puidese recaer en mans dun cargo do PP, formación que foi a segunda máis votada en Ourense, tras Democracia Ourensá.

Sobre a posibilidade dunha xuntanza entre os dirixentes dos tres principais partidos, el incluido, para desatrancar esta situación, tal e como suxeriu o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, evitou pronunicarse, pero aconselleou á dirección do BNG que "lles dea un toque" aos seus dirixentes locais "porque non é de recibio poñer liñas vermellas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta