A Xunta autoriza novas facultades da universidade privada de Abanca

Aproba unha facultade de Ciencia, Tecnoloxía e Saúde, que impartirá Psicoloxía

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2024 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este luns a creación da Facultade de Ciencia, Tecnoloxía e Xestión da Saúde da Universidade Intercontinental da Empresa, posta en marcha por Abanca, coa idea de que o primeiro grao que imparta sexa o de Psicoloxía, segundo avanzou o presidente galego, Alfonso Rueda.

Esta nova facultade, sinalou a Xunta, operará como un único centro universitario nos campus académicos que esta entidade privada ten nas cidades da Coruña e Vigo.

A Universidade Intercontinental da Empresa presentou a solicitude de creación da facultade tras aprobalo o seu padroado e o Goberno galego lle ha dade luz verde ao proxecto de decreto de creación deste centro unha vez que superou os trámites preceptivos, isto é, o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), da Asesoría Xurídica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e do Consello Galego de Universidades, no que participan tanto esta universidade privada como o tres universidades públicas galegas.

No entanto, as titulacións que oferte a facultade deberán someterse ao proceso de verificación previsto na normativa estatal e autonómica vixente en materia de titulacións. Inicialmente, Alfonso Rueda avanzou que arrincará co grao de Psicoloxía.

O reitor da Universidade Intercontinental de Abanca, Miguel Ángel Escotet
O reitor da Universidade Intercontinental de Abanca, Miguel Ángel Escotet | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta