A explosión dunha vivenda na Illa por un escape de gas deixa a unha muller ferida con queimaduras

Tamén resultadon afectadas outros inmobles.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2024 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Unha vivenda no municipio da Illa de Arousa sufriu unha explosión na tarde deste luns que deixou a unha muller ferida con queimaduras.

Segundo informa o 112 Galicia a Europa Press, ás 14,55 horas recibiuse a alerta dun particular que informaba da explosión dunha bombona, sucedida na travesía do Castro, número 26.

Unha muller necesitou ser trasladada ao hospital público da Coruña (Chuac) con queimaduras. Un menor que tamén se atopaba na vivenda foi atendido no punto, pero non tivo que ser traslado.

Os bombeiros que acudiron a avaliar a situación explicaron que se produciu unha explosión produciuse por un escape de gas ao acender o quentador. Tamén resultaron afectadas unha vivenda enfronte e outra á beira por rotura de xanelas e tellas.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta