A sorpresa da cociña lituana: súmase á Guía MICHELIN con catro estrelas e 26 recomendacións

Lituania non só se afianza como un destino turístico atractivo pola súa historia e paisaxes, senón tamén pola súa oferta culinaria de primeira clase.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/06/2024 | Actualizada ás 05:00

Comparte esta noticia

Lituania foi recoñecida oficialmente pola prestixiosa Guía MICHELIN, situándose como un novo destino gastronómico no norte de Europa. Nunha cerimonia celebrada en Vilnius, a capital do país, anunciáronse as primeiras estrelas MICHELIN para catro restaurantes lituanos: Džiaugsmas, Demoloftas, Pas mus e Nineteen18. Este recoñecemento resalta a diversidade e calidade da tradición culinaria lituana, que combina influencias xudías, turcas e centroeuropeas. Ademais das catro estrelas, outros restaurantes lituanos recibiron importantes mencións na guía, en total, 26 establecementos foron recomendados polos inspectores anónimos.

Dia, Guía Michelín 2024
Dia, Guía Michelín 2024 | Fonte: Lithuania Travel

UNHA TRILOXÍA GASTRONÓMICA NO BÁLTICO

"Comprácenos presentar a primeira Guía MICHELIN de Lituania, completando a triloxía do Báltico", comentou Gwendal Poullennec, director Internacional da Guía MICHELIN. "Cada restaurante seleccionado merece o seu lugar pola súa calidade e singularidade. Os inspectores probaron pratos clásicos e modernos, locais e internacionais, en ambientes relaxados e formais". O ministro de Economía e Innovación de Lituania, Aušrinė Armonaitė, destacou a importancia deste recoñecemento: "O noso país é coñecido polo seu patrimonio histórico e as súas impresionantes paisaxes, e agora tamén pola súa experiencia culinaria. A Guía MICHELIN confirma as habilidades de primeiro nivel dos nosos chefs e convida os viaxeiros a mergullarse na autenticidade de Lituania".

A DIVERSIDADE DA COCIÑA LITUANA

 

Lituania ofrece unha rica tradición gastronómica que sorprende pola súa diversidade. Entre os pratos tradicionais destacan o Šaltibarsčiai, unha saborosa sopa fría de remolacha e kéfir, e sobremesas como o Akotis, un tipo de biscoito, e o famoso chocolate de Vilnius. A capital lituana, Patrimonio da Humanidade desde 1994 e próxima Capital Verde Europea 2025, perfílase como un destino imperdible para os amantes da boa mesa. Coa súa inclusión na Guía MICHELIN, Lituania non só se afianza como un destino turístico atractivo pola súa historia e paisaxes, senón tamén pola súa oferta culinaria de primeira clase.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta