Falece José Manuel Martínez-Lage, pioneiro no estudo da neuroloxía no Estado

Natural de Betanzos dedicou a súa carreira ao estudo e tratamento da epilepsia, o párkinson e o alzhéimer.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/06/2024 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

O doutor José Manuel Martínez-Lage, pioneiro da Neuroloxía en España e director durante case trinta anos do Departamento de Neuroloxía da Clínica Universidade de Navarra, faleceu este luns, 24 de xuño, en Pamplona aos 88 anos.  

O Dr. José Manuel Martínez-Lage, nunha imaxe tomada en 2003 na Clínica Universidade de Navarra en Pamplona
O Dr. José Manuel Martínez-Lage, nunha imaxe tomada en 2003 na Clínica Universidade de Navarra en Pamplona

Natural de Betanzos, licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago e doctorouse na Universidade de Navarra, a cuxa Clínica se incorporou ao concluír os seus estudos. Foi parte do equipo de especialistas que en 1967 puxo en marcha o Departamento de Neuroloxía, especialidade para a que se formou tamén no Hospital da Pitié-Salpêtrière de París e no King's College de Londres. 

Como neurólogo, dirixiu a súa atención ao longo dos anos á epilepsia, e as enfermidades de Parkinson e Alzheimer. Ademais da súa tarefa asistencial, investigadora e docente na Clínica e na Universidade de Navarra, tivo cargos de responsabilidade nas ligas española e internacional contra a epilepsia e foi director da rede internacional que buscaba estandarizar os procedementos para a avaliación e diagnóstico dos pacientes de Alzheimer.  

O Dr. Martínez-Lage foi autor de preto de 800 publicacións científicas, formou a máis de cen residentes na súa especialidade, presidiu a Sociedade Española de Neuroloxía e foi vicepresidente da Federación Mundial de Neurología. Ademais, recibiu a Cruz da Orde Civil de Alfonso X o Sabio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta