Por Galicia Confidencial | Lugo | 18/11/2015 | Actualizada ás 17:42
Entre un 30 e un 40%. Esas son as estimacións de perda da colleita que fai o consello regulador Castaña de Galicia polas elevadas temperaturas rexistradas en Galicia durante este outono, un dos máis cálidos que se lembran no país.
A produción de castaña en toda Galicia roldará este ano as 20.000 toneladas, unha cifra considerablemente inferior á prevista, aínda que aumentou a produción de castañas certificadas polo consello regulador nun 30 % até chegar ás 200 toneladas.
E, aínda que a primeira parte da campaña foi realmente boa, as temperaturas anormalmente elevadas de finais de outubro e principios de novembro provocaron, segundo o presidente do consello regulador, Jesús Quintá, “unha diminución na calidade do froito". "Esperabamos unha moi boa campaña, pero ao final foi un pouco decepcionante", dixo.Ademais, coa calor consúmense menos castañas do que é habitual nesta época do ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.