Encontran morto un veciño de Ortigueira cerca da embarcación na que saíra a pescar este mércores

O helicóptero Pesca II de Gardacostas encontrou o home sen vida preto da embarcación, nunha zona de lodo

Por Europa Press / Redacción | Ortigueira | 26/06/2024 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

Un veciño de Ortigueira foi encontrado morto nas inmediacións da embarcación na que saíra a pescar este mércores.

Helicóptero 'Pesca II' de Gardacostas de Galicia.. SALVAMENTO MARÍTIMO - Arquivo
Helicóptero 'Pesca II' de Gardacostas de Galicia.. SALVAMENTO MARÍTIMO - Arquivo

O 112 Galicia informa de que sobre as 16,45 horas recibiuse aviso da Garda Civil de que un coñecido da vítima atopara fondeada e sen ninguén a embarcación que usaba, a uns 300 metros de porto de Ortigueira.

Foi activado un amplo dispositivo de procura: Salvamento Marítimo, Gardacostas, grupo acuático dos GES, Policía Local, Garda Civil e Protección Civil.

O helicóptero Pesca II de Gardacostas encontrou o home sen vida preto da embarcación, nunha zona de lodo. Os efectivos do propio helicóptero efectuaron o rescate do cadáver para o seu posterior traslado.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, na embarcación atopáronse aveños de pesca recreativa. Agora procederase a realizar a autopsia para determinar as causas da morte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta