Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/06/2024 | Actualizada ás 20:58
Un operario necesitou ser auxiliado tras caer dunha altura de tres metros nunha cubeta no polígono industrial de Lalín.
Segundo informa o 112 Galicia, pouco despois das 19,00 horas, un particular solicitaba asistencia médica despois de que un compañeiro seu caese dentro dunha cubeta.
Foron avisados 061, Bombeiros de Silleda, GES de Lalín, Policía Local, Garda Civil de Pontevedra e Agrupación de Voluntarios e Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín.
Despois de que os Bombeiros dezáns chegasen ao lugar dos feitos, no Polígono Industrial 2000, estes conseguiron evacuar á persoa da cubeta a través dunha escaleira. O home, desorientado pola caída pero consciente, foi atendido por urxencias sanitarias e trasladado en ambulancia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.