Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/07/2024 | Actualizada ás 14:32
A sanidade galega pecha polo verán. O conselleiro de Sanidade xa o avanzaba este domingo e o luns era o propio presidente da Xunta quen confirmaba que, a Xunta, non manterá abertos todos os seus centros sanitarios para atender á poboación galega durante os meses estivais. A razón esgrimida; a falta de médicos.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, recoñecía este domingo que o seu departamento vai reorganizar "a asistencia sanitaria". Un eufemismo que aclarou este luns Alfonso Rueda. O presidente galego confirmou que se pecharán centros de saúde.
"O conselleiro xa falou do plan de como afrontar a falta de médicos no verán. Algo co que xa contabamos para garantir unha maior asistencia", sinalou na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta. Con todo, Rueda evitou dar máis informacións e dixo non saber, nin cantos centros, nin onde serán pechados. "Iso mellor hai que preguntarlle a Sanidade",
O presidente galego tamén avaliou a decisión do pesidente español, Pedro Sánchez, de abrir a especialidade de Urxencias en Medicina o vindeiro curso. "Pois agradezo ese anuncio porque hai tempo que vimos pedindo iso", apuntou Rueda ao respecto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.