Os eurodeputados do PPdeG, PSdeG e BNG comprométense a defender os intereses de Galicia

Nicolás González Casares destaca a importancia da transición ecolóxica e enerxética, mentres Ana Miranda resalta a súa oposición a proxectos depredadores e a defensa dos intereses galegos sen intermediarios

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2024 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Os eurodeputados galegos do Partido Popular, do Partido Socialista e do BNG recolleron este luns as súas credenciais no Congreso dos Deputados, con distintos discursos nos que se comprometeron a defender os intereses de Galicia. Así, tal e como el mesmo sinalou nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social 'X', Millán Mon comprometeuse a "seguir defendendo" como "leva facendo todos estes anos", os intereses das galegas e os galegos no Parlamento europeo. Pola súa banda, o eurodeputado do PSdeG Nicolás González Casares asegurou que usará o seu "escano galego" para "estar cinco anos máis defendendo" a Galicia nas institucións europeas.

Na súa intervención, da que informou o PSdeG nun comunicado, o socialista comprometeuse a que o asento do PSdeG en Bruxelas sirva para defender a Galicia, a súa lingua, os seus sectores produtivos e a transición ecolóxica e enerxética que "tantas oportunidades ten", así como unha pesca que sexa "socialmente sustentable e medioambientalmente tamén". "Iso é o que queremos todos os socialista galegos: ter influencia en Bruxelas, pero tamén facer Europa de forma positiva para Galicia", engadiu.

Pola súa banda, noutro comunicado, o BNG informou de que a eurodeputada Ana Miranda tamén recolleu este luns as súas credenciais e comprometeuse "a defender os intereses de Galicia e das causas xustas da humanidade". No seu discurso, Miranda destacou que na próxima lexislatura farao "con máis forza se cabe" grazas ao apoio das 180.000 persoas que votaron ao BNG o pasado 9 de xuño. Desde o Parlamento europeo, segundo dixo, defenderá os sectores produtivos, tanto o pesqueiro como o agrogandeiro, free a quen defende aos lobbies enerxéticos que "pretenden expoliar" a terra.

Ana Miranda (BNG), Nicolás Casares (PSdeG) e Francisco Millán Mon (PPdeG) / EP / Europa Press
Ana Miranda (BNG), Nicolás Casares (PSdeG) e Francisco Millán Mon (PPdeG) / EP / Europa Press

"Nós seguiremos dicindo Altri non, non como outros, non como o PP que impulsa un modelo depredador do territorio nin como o PSOE, que un día di unha cousa e ao día seguinte a contraria", manifestou para facer referencia ás persoas que se manifestaron o domingo en Santiago de Compostela. Ademais deste proxecto, Miranda fixo referencia á AP-9, para pór en valor o traballo da súa formación fronte á "incoherencia doutras forzas políticas". Segundo indicou, o escano do BNG en Bruxelas "seguirá sendo o escano que defende os intereses de Galicia, libre, sen intermediarios". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta