(Vídeo) A Galicia abandonada: Fraiz S.A., un serradoiro de madeira que non lle debía pares á actual Finsa

Situado no concello de Padrón e xa extinto, chegou a ser nos anos 80 o serradoiro coa maior cota de mercado de Galicia. Adicouse á fabricación de travesas para as vías do ferrocarril e de doias para os barrís, pero, sen dúbida, o seu despegue chegou da man do parquet.

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 02/07/2024 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Calquera empresa, por moi grande e exitosa que sexa, pode sufrir un revés que a obrigue a pechar as súas portas. E iso foi o que lle aconteceu á madeireira Fraiz S.A. Constituída no 1974, chegou a ser nos anos 80 o serradoiro de madeira coa maior cota de mercado de Galicia. Manuel Jesús e José Fraiz Saa, dous irmáns naturais de Silleda pero que de moi pequenos se trasladaron cos seus pais a Padrón, fundaron esta empresa, máis coñecida popularmente como Fraisa.

Así loce a Fraiz S.A. hoxe en día
Así loce a Fraiz S.A. hoxe en día | Fonte: Google Maps

A familia sempre se adicara ao sector da madeira, o seu pai fabricaba a parte inferior dos zocos e, coa chegada dos dous irmáns, diversificaron a produción a áreas como travesas de ferrocarril e doias de barrís para exportar o máis delicado viño. Pero o gran despegue de Fraisa chegou coa fabricación de parquet, sendo o de carballo o máis popular, moi codiciado nos mercados europeos. No 2014 declarouse en concurso de acredores e actualmente a sociedade está extinta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta