Un coche ardendo provoca un incendio nun monte de Vimianzo

Non houbo que lamentar feridos.

Por Galicia Confidencial | Vimianzo | 03/07/2024 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

Un accidente de tráfico provocou un incendio, xa controlado, nun monte da parroquia de San Cristobo de Carnés, en Vimianzo, segundo informou a Galicia Confidencial a Policía Local deste concello.

Coche ardendo tras un accidente
Coche ardendo tras un accidente | Fonte: remitido

O incidente tivo lugar a primeira hora da tarde deste mércores cando un coche saíu da vía e comezou a arder. Os ocupantes puideron saír do mesmo sen lesións, pero as chamas estenderonse polo monte colindante.

Ata o lugar tivo que desprazarse un equipo do Grumir e tamén bombeiros de Vimianzo e Cee que, pouco despois, conseguiron atallar as lapas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta