Por Europa Press / Redacción | VIGO | 06/07/2024 | Actualizada ás 14:53
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, saudou este sábado no aeroporto de Vigo a algunhas das familias galegas que acollen a nenos saharauís durante este verán e agradeceulle o seu compromiso para que sintan Galicia como a súa casa. Co programa 'Vacaciones en Paz', tal e como explicou o Executivo galego, estes días chegan a Galicia 288 nenos de campamentos de refuxiados en Tinduf (Alxeria).
A pasada semana a presidenta da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla, recibiu a Medalla Castelao como recoñecemento ao seu labor á fronte dunha entidade que leva décadas traballando por mellorar as condicións de vida do pobo saharauí. Pola súa banda o director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, detallou que Galicia é "a segunda" comunidade autónoma de España que "máis nenos acolle durante este verán".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.