A cardióloga Marisa Crespo, filla predilecta da provincia de Ourense

"O éxito do programa de transplantes do Chuac na Coruña é o traballo en equipo. Nun só transplante traballan moitísimas persoas con diferentes responsabilidades, todas importantes por simples que parezan", subliñou.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/07/2024 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

A cardióloga Marisa Crespo é desde este sábado filla predilecta da provincia de Ourense, un título honorífico que lle outorgou a Deputación. Así, este recoñecemento súmase a outros como a Medalla Castelao da Xunta (2019), a Medalla de Ouro e Brillantes de Colexio de Médicos da Coruña (2020), filla predilecta do Concello de Cea (2020) e o premio ao 'Médico Hipocrático' da Sociedade Española de Cardioloxía (2021), entre outros recoñecementos.

No acto de entrega do galardón, o presidente provincial, Luís López, enxalzou a Marisa Crespo como unha "das persoas con maior prestixio de Ourense". "Unha eminencia nun ámbito tan especializado como a Cardioloxía", incidiu. A galardoada agradeceu o recoñecemento da institución provincial e fixo referencia aos seus "grandes alicerces": a súa terra, a súa profesión e a súa xente.

Ademais, no seu discurso, fixo referencia á importancia do traballo en equipo. "O éxito do programa de transplantes do Chuac na Coruña é o traballo en equipo. Nun só transplante traballan moitísimas persoas con diferentes responsabilidades, todas importantes por simples que parezan", subliñou.

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, remarcou a "decisiva contribución" de Marisa Crespo para "facer avanzar" a medicina en Galicia. O titular de Sanidade incidiu en que Crespo é unha das "responsables" de que Galicia "sexa referente no ámbito da cardioloxía" e destacou as súas achegas científicas vinculadas á insuficiencia cardíaca e aos transplantes de corazón.

LICENCIADA EN MEDICINA POLA USC

A doutora Crespo licenciouse en Medicina na USC, especializándose en Cardioloxía no Hospital Puerta del Hierro de Madrid, e doctorándose na Universidade Autónoma de Madrid. Despois de desempeñar o seu labor como cardióloga no Hospital Virxe da Saúde de Toledo, ingresou no Servizo de Cardioloxía de Chuac, onde exerce como xefa de sección da área de Insuficiencia Cardíaca.

A cardióloga Marisa Crespo nomeada filla predilecta da provincia de Ourense
A cardióloga Marisa Crespo nomeada filla predilecta da provincia de Ourense | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta