Por Galicia Confidencial | Vimianzo | 03/07/2024 | Actualizada ás 16:28
Un accidente de tráfico provocou un incendio, xa controlado, nun monte da parroquia de San Cristobo de Carnés, en Vimianzo, segundo informou a Galicia Confidencial a Policía Local deste concello.
O incidente tivo lugar a primeira hora da tarde deste mércores cando un coche saíu da vía e comezou a arder. Os ocupantes puideron saír do mesmo sen lesións, pero as chamas estenderonse polo monte colindante.
Ata o lugar tivo que desprazarse un equipo do Grumir e tamén bombeiros de Vimianzo e Cee que, pouco despois, conseguiron atallar as lapas
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.