Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/07/2024 | Actualizada ás 13:59
A Garda Civil de Ourense detivo a un veciño de Madrid, de 31 anos de idade, por subtraer vehículos no barrio das Lagoas para roubar en varios locais de hostalaría da provincia. Segundo informou o Instituto Armado, o individuo, entre o 28 de xaneiro e o 8 de febreiro deste ano, cometeu 12 delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.
Así, o home roubou nun hotel da Derrasa-O Pereiro de Aguiar e nunha cafetaría de Esgos. O valor dos subtraído ascende a uns 2.000 euros e a eles súmanselle os numerosos danos ocasionados. A Garda Civil detallou que o autor "confiaba tanto na súa impunidade" que no momento da súa detención aloxábase nun dos establecementos nos que roubou en xaneiro. O home seguiu o mesmo 'modus operandi' que noutra operación na que foi detido xunto a outras dúas persoas máis en 2023.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.