Sete empresas lácteas e catro tecnolóxicas botan a andar 'SmarTZ4Milk' con axudas do Perte

O proxecto busca modernizar e mellorar a sustentabilidade do sector lácteo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2024 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

O Edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu este martes a presentación por parte do Cluster Alimentario de Galicia (Clusaga) do proxecto 'SmarTZ4Milk', que busca transformar, modernizar e mellorar a sustentabilidade do sector lácteo e que conta con fondos do Perte agroalimentario -- case 10 millóns de euros--.

Esta iniciativa, que se executará ata xuño de 2025, conta coa participación dun total de 11 empresas participantes, das que sete son empresas lácteas: Grupo Leite Rio, CAPSA FOOD, Grupo Cooperativas Lácteas Unidas - CLUN, Agrupación de Cooperativas Lácteas, Cooperativa Agraria Provincial aa Coruña, Queizuar e Queixería Prestes. Como provedores tecnolóxicos, participan outro catro empresas: Grupo AMSlab, ASM Soft, Tecnoloxías Plexus e Sixtema Proxectos de Información.

Na presentación institucional, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o apoio do Goberno galego a través do Igape para "pegar un salto fundamental", co obxectivo de "modernizar" o sector primario para "non perder trens que outros van coller". Ademais, valorou a "diversidade" desta iniciativa, con varias comunidades implicadas, empresas de diferentes ámbitos e as universidades.

"Esta é unha boa mostra de que hai Pertes que funcionan e que chegan a toda a cadea de valor interesada na súa consecución e no seu desenvolvemento. Agora o que toca é seguir traballando, transformar en resultados todo o que ata agora se preparou e conseguir que, sen perder a esencia do noso sector primario, non perda ningún dos trens do futuro", aseverou.

OBXECTIVOS

O proxecto SmarTZ4Milk conta con cinco obxectivos específicos que pretenden abordar e avanzar no tres bloques principais de "competitividade, sustentabilidade e rastrexabilidade do sector agroalimentario", tal e como explicou o presidente de Clusaga, Juanjo de la Cerda

Así, destacou que tamén busca situar a Galicia como un "referente", promovendo a aplicación de tecnoloxías avanzadas e reducindo o impacto ambiental.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participa xunto ao delegado do Goberno, Pedro Branco, as conselleiras do Medio Rural, María José Gómez, e de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, na presentación institucional de 'Smartz4Milk'.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participa xunto ao delegado do Goberno, Pedro Branco, as conselleiras do Medio Rural, María José Gómez, e de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, na presentación institucional de 'Smartz4Milk'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta