O tráfico na ligazón de Figueirido entre a N-550 e a AP-9 permanecerá cortado por obras desde o mércores

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2024 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

As obras da autovía A-57 entre Vilaboa e A Ermida, que inclúen a remodelación da ligazón de Figueirido entre a N-550 e a AP-9, obrigarán a cortar o tráfico desde este mércores ás 08.00 horas no ramal de ligazón da AP-9 en sentido Redondela.

Segundo informou o Ministerio de Transportes, as afectacións ao tráfico terán unha duración aproximada de tres meses, sempre que o permitan as condicións meteorolóxicas.

O itinerario alternativo para o movemento procedente da AP-9 que se queira incorporar á N-550 sentido Redondela (sur), que estará debidamente sinalizado, será o seguinte: tomar o desvío provisional a través do carril interior da futura glorieta; cruzar a estrutura sobre a N-550; percorrer a glorieta ao lado oeste; utilizar o ramal da ligazón sentida Pontevedra para incorporarse á N-550; realizar un cambio de sentido en Ligazón de Bértola coa EP-0002; e incorporarse á N-550 en sentido Redondela.

Obras na ligazón de Figueirido. MINISTERIO DE TRANSPORTES
Obras na ligazón de Figueirido. MINISTERIO DE TRANSPORTES

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta