O BNG defende a xubilación anticipada en carreiras de cotización longas

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas co obxectivo de que o Ministerio de Seguridade Social corrixa as desigualdades que se producen e garantir unha mellora nas condicións da xubilación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2024 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas co obxectivo de que o Ministerio de Seguridade Social corrixa as desigualdades que se producen e garantir unha mellora nas condicións da xubilación. Concretamente, a fronte nacionalista reclama a eliminación da penalización na xubilación anticipada en longas carreiras de cotización e o estabelecemento de medidas correctoras.

Así mesmo, pregunta a posición do Goberno a respecto da posibilidade de avanzar no recoñecemento do dereito á xubilación parcial aos 61 anos para todas as persoas traballadoras e sectores, así como os procedementos para acceder aos coeficientes reductores para anticipar a xubilación.

"O BNG defendeu no seu momento ante o Pacto de Toledo que se incorporase unha recomendación para establecer a xubilación voluntaria ao cumprirse 35 anos de cotización á Seguridade Social, reais ou compensados pola aplicación de coeficientes reductores naquelas profesións que os teñan asignados, sen penalización. Unha medida máis necesaria que nunca para non castigar ás longas carreiras de cotización", lembrou o deputado do BNG no Congreso.

Ante esta situación, Néstor Rego urxe o Goberno a modificar a lexislación vixente para permitir a xubilación voluntaria ao cumprirse 35 anos de cotización á Seguridade Social, reais ou compensados, pola aplicación de coeficientes reductores naquelas profesións que os teñan asignados, sen penalización.

"Considera xusto que persoas con menos anos cotizados poidan acceder ao 100 % da prestación á vez que persoas con 38 ou 40 anos cotizados sofren penalizacións por mero feito de xubilarse anticipadamente?", pregunta o deputado nacionalista ao mesmo tempo que demanda ao Goberno que desenvolva medidas que palíen estas desigualdades.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante o acto de Agora Repúblicas, no Círculo de Belas Artes, a 29 de maio de 2024, en Madrid
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante o acto de Agora Repúblicas, no Círculo de Belas Artes, a 29 de maio de 2024, en Madrid | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 pTuN

Nas de mestre de galego, nesa teñen moito interese. Esos son o novo proletariado digo a nova nobreza galega.