Quinta viaxe a Galicia do Rei Juan Carlos I

Nesta ocasión aterrará no aeroporto de Santiago e non no de Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2024 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O Rei Juan Carlos volveu a Galicia este martes, na que xa é a súa quinta viaxe á comunidade no que vai de ano para participar, unha vez máis, nas regatas que se celebrarán esta fin de semana en Sanxenxo. O monarca emérito aterrou á primeira hora da tarde, ao redor das 16.00 horas, no aeroporto compostelán de Lavacolla.

A última vez que se dirixiu ao aeródromo da capital foi en maio, polas obras que levaban a cabo no aeroporto de Vigo, onde adoita aterrar. O avión no que viaxaba Juan Carlos I despegou de Lisboa dirección Santiago ás 14.00 horas, procedente de Vitoria, de onde partiu ao redor das 10.00 horas. Unha vez máis, está previsto que o rei emérito participe na regata da Clase 6M a bordo do Bribón.

O Rei emérito Juan Carlos sae a navegar no Bribón
O Rei emérito Juan Carlos sae a navegar no Bribón | Fonte: Elena Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta