Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2024 | Actualizada ás 13:57
O equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Cangas detivo a dúas persoas e investiga a outras 18 por extorsionar a usuarios de plataformas web de contido sexual como integrantes dunha organización delituosa. A operación, denominada ZACO e da que informou este mércores a Garda Civil, iniciouse por mor dunha denuncia presentada no posto da Garda Civil de Moaña, en Pontevedra, en abril de 2023.
O modus operandi da organización afincada nos municipios de Valencia, Cullera, a Pobla de Fornals, na Comunidade Valenciana, consistía en captar a vítimas a través de plataformas de citas de contido sexual, coas que contactaban a posteriori para extorsionalas e esixirlles a realización de diversos pagos en efectivo, por supostas molestias ocasionadas ás traballadoras das páxinas de citas.
Durante o transcurso da investigación, os axentes lograron identificar a diversas vítimas, así como aos presuntos autores, culminando coa detención o pasado mes de xuño de dúas persoas de 23 e 29 anos veciños de Valencia e a Pobla de Fornals. Ademais da investigación das outras 18 persoas, os axentes rexistraron un domicilio de Pobla de Fornals.
As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Candas do Morrazo, que se inhibiu no Xulgado de Instrución Número 9 de Valencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.