Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 24/11/2015 | Actualizada ás 17:00
A Galipedia e a Academia Galega do Audiovisual organizan a primeira Wikimaratón do audiovisual galego. Un evento que ten coma obxectivos crear novos contidos relacionados co sector do audiovisual galego, e ampliar e mellorar os existentes.
Os interesados poden participar presencialment, acudindo o vindeiro sábado entre as 10.00 e as 14.00 á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra ou virtualmente, conectándose virtualmente e sumándose aos traballos que se están planificando desde a Galipedia.
Antes do inicio da incorporación de entradas á Galipedia, realizarase unha introdución e un pequeno obradoiro sobre como é a edición de datos na Galipedia.
Unha wikimaratón é unha reunión (presencial e virtual) convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural -neste caso a Academia Galega do Audiovisual- e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que incorporen unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.