Por E.P. | PONTEVEDRA | 16/07/2024 | Actualizada ás 16:28
A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra resolveu este martes o xuízo contra dous responsables dun club de alterne do Porriño que tiñan a 12 mulleres en situación irregular. A vista saldouse con penas mínimas, que non implicarán o seu ingreso en prisión.
Inicialmente, a Fiscalía pedía para o xerente do Club Falcon Crest unha pena de dous anos e tres meses, pero o procesado chegou a un acordo e recoñeceu os feitos dos que estaba acusado, o que supuxo unha rebaixa na condena, que quedou nunha pena de 6 meses de prisión e multa de 6 meses cunha cota de 10 euros, con inhabilitación especial para dedicarse a actividades de actividades de xestión e administración de locais de alterne.
A outra persoa acusada, tamén propietaria deste local, non recoñeceu os feitos, polo que a Fiscalía mantivo a pena solicitada inicialmente de seis meses de cárcere, multa de seis meses cunha cota diaria de 20 euros e inhabilitación especial polo mesmo tempo para a actividade de arrendamento do local da súa propiedade para local de alterne polo mesmo tempo.
Segundo recolle o escrito de Fiscalía, en outubro do ano 2018 o Club Falcon Crest tivo unha inspección que detectou que 12 das mulleres que traballaban alí estaban en situación irregular, sen permiso de traballo e sen estar dadas de alta na Seguridade Social, mentres que outras catro non estaban dadas de alta na Seguridade Social.
Nese momento, relata o Ministerio Público, a empresa tiña dados de alta a sete traballadores. Como consecuencia da inspección, incoáronse varias actas de infracción.
O escrito recolle que a dona da propiedade alugouno ao primeiro acusado "coñecendo a situación das empregadas no devandito local, así como a actividade que se explota, a pesar do cal arrendou o citado inmoble facilitando a comisión do delito".
O citado local estivo clausurado de forma provisional desde abril de 2019 ata xullo de 2020. Na actualidade o contrato de arrendamento resolveuse pola propiedade. A Tesouraría Xeral da Seguridade Social deu de alta de oficio ás citadas traballadoras abonando un importe total de 293,77 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.