Os encoros galegos manteñen o 80% da súa reserva

A taxa galega está 20 puntos por encima do 61,8% da media española

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2024 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

Os encoros de Galicia contan cunha reserva de 3.026 hectómetros cúbicos, unha cifra case idéntica á pasada semana, pois só hai unha pequena baixada de sete hectómetros cúbicos.

Desta forma, a reserva hídrica da comunidade galega mantense por encima do 80% (81,5%), do mesmo xeito que nas últimas semanas.

A taxa galega está 20 puntos por encima do 61,8% da media española. No últimos sete días, as precipitacións foron abundantes na vertente mediterránea e afectaron en menor medida á atlántica.

Os encoros de Miño-Sil, os de maior capacidade, atópanse con 2.511 hectómetros cúbicos (27 menos que fai sete días) almacenados, unha cifra máis elevada que a estas alturas de 2023 e máis avultada que a media da última década.

No tocante aos encoros da conca de Galicia Costa, con 515 hectómetros cúbicos (20 máis que a semana anterior), hai unha cantidade de auga almacenada maior que hai un ano, pero menor que a media dos últimos 10 anos.

O encoro de Velle liberando auga do río Miño, a 4 de novembro de 2023, en Ourense / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press
O encoro de Velle liberando auga do río Miño, a 4 de novembro de 2023, en Ourense / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta