Ferida grave unha persoa tras ser atropelada por un coche en Arzúa

Fontes do 112 Galicia explicaron que foron varias as chamadas recibidas sobre o suceso, informando de que un coche atropelara a un peón, que estaba ferido de gravidade

Por E.P. | Arzúa | 17/07/2024 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida na mañá deste mércores tras ser atropelada mentres camiñaba polo centro urbano do Concello de Arzúa.

Tal como informou o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, os feitos ocorreron pasadas as 13.30 horas na N-547 ao seu paso por Arzúa.

Fontes do 112 Galicia explicaron que foron varias as chamadas recibidas sobre o suceso, informando de que un coche atropelara a un peón, que estaba ferido de gravidade.

Por iso, avisouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron ata o punto o helicóptero mediacalizado para o traslado da vítima ao Hospital Clínico de Santiago.

Tamén se solicitou a intervención dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil. Debido ao accidente, a estrada tivo que ser cortada, polo que foron os bombeiros os encargados de limpar a vía.

Imaxe do vehículo tras o accidente.. CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO
Imaxe do vehículo tras o accidente.. CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta