Investigado por circular a 164km/h nun tramo limitado a 70km/h

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/10/2024 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

O Grupo de investigación e análise de tráfico (GIAT) do Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia, procedeu a investigación dun veciño de Cerceda, por circular co seu vehículo a unha velocidade de 164 km/h no km 9, 500 da estrada AC-409 que une Cerceda con Ordes, estando a velocidade limitada nese punto a 70 km/h.

Radar de tráfico
Radar de tráfico

Os feitos ocorreron ao ser detectado un vehículo circulando con exceso de velocidade

por un rádar móbil. Tras verificar os datos do dispositivo, a Garda Civil procedeu á

investigación do seu condutor como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria ao conducir superando a velocidade establecida en 94 km/h, segundo se tipifica no artigo 379 do Código Penal.

Desde o Sector de tráfico de Galicia, agradécese a colaboración cidadá que a diario alerta sobre comportamentos perigosos mediante a comunicación directa ao 112 ou a calquera outro teléfono de emerxencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta