O BNG vota contra a reelección de Von der Leyen a quen denominan: "señora da guerra aliñada con Israel"

A eurodeputada electa do BNG, Ana Miranda, declarou sobre von der Leyen: "É a representante dos intereses económicos e comerciais das grandes empresas e lobbies"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2024 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

A eurodeputada electa do BNG, Ana Miranda, votou en contra da reelección de Úrsula Von der Leyen como presidenta da Comisión Europea, á que tachou de "señora da guerra alienada con Israel no xenocidio en Gaza".

Miranda sostivo que se trata dunha candidata que "ten máis sombras que luces", que serve "aos intereses de grandes empresas e lobbies", que "coquetea coa extrema dereita sen inmutarse" e que mantivo posicións contrarias aos intereses de Galicia.

Nun comunicado, ademais, o BNG explicou que Ana Mirando levou ao pleno a demanda de paralizar o proxecto de Altri en Palas de Rei ao vestir unha camiseta reivindicativa e anunciou que este tema centrará a primeira iniciativa que presentará na Cámara europea.

A eurodeputada do BNG criticou o perfil de Von der Leyen afirmado que "é a señora da guerra", aliñada coas posicións de Israel en "a súa execución dun xenocidio ilegal en Gaza en contra dunha poboación palestina indefensa". "O seu entreguismo ao Estado sionista é vergoñoso", indicou.

Ana Miranda acusouna de defender políticas comunitarias que van en contra dos intereses de Galicia como a PAC e as vendas na pesca. "É a representante dos intereses económicos e comerciais das grandes empresas e lobbies, firme defensora das políticas de austeridade que prexudican ás maiorías sociais e que impiden o avance de políticas públicas destinadas a mellorar a claridade de vida de galegos e de galegas, e de melloras na protección e no benestar social".

Censurou o seu defensa de políticas comunitarias que van en contra dos intereses de Galicia como a PAC e as vendas na pesca. "É a representante dos intereses económicos e comerciais das grandes empresas e lobbies, firme defensoras das políticas de austeridade que prexudican ás maiorías sociais e que impiden o avance de políticas públicas destinadas a mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas, e de melloras na protección e en benestar social".

Ademais, entre outras cuestións sostivo que ignora os sectores produtivos galegos e lembrou que "se situou en contra dos intereses de Galicia con decisións moi drásticas como a veda pesqueira en 87 caladoiros sen os informes científicos e socio-económicos pertienentes".

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, cunha camisa en contra do proxecto de Altri. BNG
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, cunha camisa en contra do proxecto de Altri. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta