Integrantes de Galiza Nova ocupan temporalmente a sede de Emigración para que os mozos "non emigren"

Colgan do balcón do edificio unha pancarta co lema "15 anos = 200.000 mozas emigradas. = vivendas 0 empregos 0 solucións".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/02/2025 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

Unha ducia de integrantes da organización nacionalista do BNG, Galiza Nova, ocuparon temporalmente a sede do edificio da Secretaría Xeral de Emigración, na mañán deste mércores.

Integrantes de Galiza Nova ocupan o edificio da Secretaría Xeral de Emigración
Integrantes de Galiza Nova ocupan o edificio da Secretaría Xeral de Emigración | Fonte: remitida

Baixo o berro "Queremos traballar e non emigrar", os mozos nacionalistas colgaron no balcón do edificio unha pancarta na que se pode ler o lema "15 anos = 200.000 mozas emigradas. = vivendas 0 empregos 0 solucións". Nun comunicado, a entidade asegura que quere que a Xunta de Galicia escoite as súas demandas para solucionar o problema de emancipación da mocidade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta