Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2024 | Actualizada ás 16:19
O eurodeputado do PPdeG Francisco Millán Mon celebrou que a presidenta da Comisión Europea, Úrsula Von der Leyen, recolla a creación dun comisario específico de Pesca e Océanos nas orientacións públicas feitas na xornada do xoves. Nunhas declaracións difundidas aos medios, o europarlamentario lembrou que en PPdeG e el mesmo reclamaron nos últimos anos que o comisario de pesca non fose ao mesmo tempo comisario de medio ambiente, ao considerar que este feito "contribuía a que a política pesqueira fose enfocada esencialmente desde unha perspectiva medioambientalista" que "esquecía as dimensións económica e social da actividade pesqueira".
Millán Mon sostivo que esta reivindicación foi feita súa polo Partido Popular Europeo e está incluída no manifiestado deste partido para as eleccións europeas do 9 de xuño. Ademais, indicou que a propia Von der Leyen sumouse á proposta, como anunciou na romaría do Pino organizada polo PP galego no medio da campaña electoral polas eleccións europeas.
"Agradezo moito a Von der Leyen que cumprise a súa palabra, que a creación dun comisario de pesca e océanos incluísese materialmente nas orientacións políticas publicadas onte", destacou Millán Mon.
O eurodeputado do PPdeG asegurou confiar en que o novo comisario sexa "plenamente consciente" da importancia da pesca e a cadea mar industria, non só para Europea, senón para a "a autonomía e seguridade alimentarias europeas", así como para para "moitos estados membros e rexións europeas nos que a cadea mar industria ocupa un lugar moi destacado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.