A Xunta pide unha Conferencia de Presidentes e a declaración de emerxencia migratoria para solicitar axuda da UE

Diego Calvo agradece a nova etapa de diálogo aberta co Goberno central sobre esta cuestión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2024 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, solicitou ao Goberno a celebración dunha Conferencia de Presidentes e a declaración de emerxencia migratoria para solicitar axuda á Unión Europea. Así o trasladou na Conferencia Sectorial de Inmigración, na que participou por videoconferencia acompañada do director xeral de Inclusión, Arturo Parrado.

Neste contexto, mostrou a "solidariedade" da Xunta coas persoas migrantes, pero reivindicou a necesidade "dunha maior planificación" por parte do Executivo central, ao que solicitou que os datos das persoas que cheguen este verán a Galicia se transmitan "coa maior celeridade e coa maior exactitude posible", sempre co obxectivo, engadiu, "de prestar a mellor atención", xa que a administración autonómica conta con competencias exclusivas, como a asistencia sanitaria ou a atención a menores. Fontes da administración autonómica trasladaron que a Xunta solicitou a celebración dunha conferencia de presidentes e a declaración de emerxencia migratoria por parte do Goberno, unha ferramenta que, aseguraron, permitirá solicitar axuda á UE.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participa por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Inmigración
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participa por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Inmigración | Fonte: XUNTA

DIEGO CALVO

Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, destacou o cambio de trato do Goberno centrla nesta cuestión e destacou o inicio de diálogo entre as duas administracións. "Nós criamos e mantivemos  que non se fixeron as cousas como se tiñan que facer e que as autonomías tiñan que ter información e financiamento. E así o pedimos desde o primeiro momento. E isto correxiuse e agora dialogamo e agradecemos isto", destacou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta