A policía de Ourense identifica ós saboteadores das ramplas mecánicas

As autoridades lograron interceptar e identificar a varios responsables grazas ás gravacións das cámaras de vixilancia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/07/2024 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ourense identificou a varias persoas que sabotearon as ramplas mecánicas da cidade tras ser gravadas durante os feitos por unhas cámras. Así o fixeron saber desde o Consistorio, mediante un comunicado no que explican que a policía local comezou a interceptar e identificar aos primeiros saboteadores desta infraestrutura.

"Estas persoas actúan de madrugada e foron gravadas polas cámaras que protexen estes elementos", indicou o Concello, que explica que desde fai aproximadamente quince días, e especialmente nas noites do fin de semana, do venres e do sábado, a policía local incrementou a vixilancia das ramplas automáticas, que están distribuídas pola cidade coa intención de facilitar a mobilidade dos veciños. Estas persoas identificadas "terán que asumir a multa e a responsabilidade patrimonial", é dicir os gastos derivados da reparación e posta en funcionamento.

Vehículo da Policía Nacional.. SUBDELEGACIÓN
Vehículo da Policía Nacional.. SUBDELEGACIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta