Temas: TRACTORADA LEITE

As tractoradas poden volver paralizar Galicia

Os gandeiros de Lugo anuncian o inicio de novas protestas e a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo di que fará o mesmo se non se soluciona o prezo do leite, que segue á baixa, pese as promesas da Xunta e Goberno central.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2015 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

Lugo, primeiro, e o resto de cidades e vilas, despois, poden volver ser bloqueadas por centos de tractores, tal e como xa aconteceu hais unhas semanas. De feito, a cidade das murallas, que viviu un bloqueo de dez días, volverá a ser rodeada polos tractores o vindeiro 10 de decembro tal e como xa anunciaron ante a Subdelegación do Goberno os gandeiros desta provincia. Ademais, avisan de que poderían permanecer alí de forma "indefinida".

Tractores bloqueando a factoría de Leite Río en Lugo / Campogalego.com Bloqueo da planta de Leite Río pola crise do leite / campogalego.com Bloqueo da planta de Leite Río
Tractores bloqueando a factoría de Leite Río en Lugo / Campogalego.com Bloqueo da planta de Leite Río pola crise do leite / campogalego.com Bloqueo da planta de Leite Río

Unha medida á que se podería tamén sumar a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo pola “difícil situación”, que din, están atravesando as explotacións leiteiras polos baixos prezos do leite, a pesar das promesas de Xunta, Goberno e distribuidoras que anunciaron unha suba.  

Os gandeiros de Lugo tamén avisan de que queren concentrarse ante a sede da Xunta de Galicia en Lugo e mesmo, como medida de presión, ás portas das principais cadeas de distribución.

O portavoz de Unións Agrarias (UU.AA) na Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, Óscar Pouse, recoñeceu que a posibilidade de iniciar de novo as tractoradas "é unha proposta que se está barallando.

Todo vai depender tamén das decisións que adopte a propia Administración, dado que no seu día presentouse como garante do acordo que asinaron algunhas organizacións agrarias coa industria e a distribución baixo o paraugas do Ministerio de Agricultura”, suliña.

De feito, a Plataforma podería xa tomar unha decisión ao respecto esta mesma semana, para que "repercutan" canto antes" no prezo que se lle paga ao produtor polo leite. 

Temas: TRACTORADA LEITE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta