Feridas dúas persoas tras un accidente entre dúas motos en Avión

Á altura da parroquia de Baíste.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/07/2024 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

Dúas persoas foron evacuadas ao Hospital de Ourense, unha en helicóptero e outra en ambulancia, tras un accidente entre dúas motos en Avión.

Segundo informou o 112, foi un particular o que no mediodía deste sábado deu a voz de alarma e indicou que o suceso se produciu no quilómetro 11 da OU-212, á altura da parroquia de Baíste.

Garda Civil
Garda Civil | Fonte: 112 - Arquivo

Ata o punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e o GES de Avión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta