Por Europa Press / Redacción | VIGO | 30/07/2024 | Actualizada ás 14:59
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou a "política xudicial" e lamentou a "actuación absolutamente anormal" da xustiza co presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
Así o sinalou ante os medios de comunicación tras reunirse en Vigo con representantes da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos, Anfaco-Cecopesca. Alí, Besteiro subliñou que el e o socialismo galego en xeral viviron nas súas "propias carnes" a actuación "absolutamente anormal" da xustiza e sabe as consecuencias que iso ten.
A pesar de asegurar que "confía plenamente" na xustiza, si puxo o foco en determinadas prácticas "moi pouco recomendables" que, ao seu xuízo, utiliza a dereita e a ultradereita "para conseguir o que non conseguiron con votos". Para el, estas actuacións rozan o "condenable" e deberían "estar fóra do que é a práctica xudicial".
"Levar a cabo probas testificais sen atender os recursos, creo que demostra que o procedemento non se está levando coa orde e o control do funcionamento normal que debe ser o funcionamento da xustiza", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.