Faise oficial o cesamento de José Luís Costa Pillado no Consello Consultivo tras ser nomeado vogal do CGPJ

O pleno do Congreso elixiu o pasado 23 de xullo a José Luis Costa Pillado como un dos novos vogais do CGPJ na quenda de xuristas, un posto do que tomou posesión o día 25, unha xornada despois de que se faga efectivo o seu cesamento no Consello Consultivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2024 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves, día 1 de agosto, o cesamento de José Luis Costa Pillado como conselleiro electivo e presidente do Consello Consultivo de Galicia tras ser nomeado vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ). O cesamento, por incompatibilidade entre o Consello Consultivo e o seu novo cargo, ten efectos desde o 24 de xullo de 2024, tal e como recolle a resolución. O pleno do Congreso elixiu o pasado 23 de xullo a José Luis Costa Pillado como un dos novos vogais do CGPJ na quenda de xuristas, un posto do que tomou posesión o día 25, unha xornada despois de que se faga efectivo o seu cesamento no Consello Consultivo.

José Luis Costa Pillado, expresidente do Consello Consultivo de Galicia
José Luis Costa Pillado, expresidente do Consello Consultivo de Galicia | Fonte: CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta